A Garda Civil investiga a posible intencionalidade do atropelo a un ciclista en Baredo

FOTO: TVG // Os servizos de emerxencias trasladando ao ciclista ferido.

Un ciclista foi atropelado este mediodía na estrada que vai de Baiona ata A Guarda. Aconteceu á altura de Baredo e a Garda Civil investiga a súa posible intencionalidade. As testemuñas aseguran que o accidente se produciu despois dunha discusión entre o condutor do coche e o ciclista, que foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con varias feridas.

Tras esa disputa, segundo o relato das testemuñas, o coche fixo unha manobra brusca e produciuse a colisión. A Garda Civil tomoulle declaración no lugar dos feitos ao condutor do coche para estudar a súa intencionalidade. Realizoulle as probas de alcol e drogas, nas que deu negativo.