Nigrán retoma o programa de bailes para a terceira idade este sábado

O Concello de Nigrán retoma as sesións de bailes para a terceira idade este sábado 18 de novembro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Nigrán con música en directo do trío Armonía e chocolate quente e rosca para todos. A entrada é de balde. O seguinte baile será o 16 de decembro á mesma hora.

O Concello de Nigrán anima a todos os maiores a participar nesta actividade de ocio que conxuga aspectos tan importantes nesta etapa da vida como a socialización e a actividade física, contribuíndo con isto a un maior benestar físico emocional das persoas. Dende o Concello de Nigrán se leva a cabo tamén un programa de turismo social para a terceira idade con diferentes excursións.