Ludoteca mariñeira no Auditorio e Praza do Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán e a Confraría de Pescadores “La Anunciada”, coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), organizan este fin de semana unha ludoteca mariñeira para nenos e nenas de 4 a 14 anos. Esta terá lugar o sábado e domingo de 11:00 a 14:30 horas no Auditorio Municipal e na Praza do Concello, contará con xogos, animación en directo, obradoiros medio ambientais e reciclaxe con refugallos; ademais, o domingo ás 13:00 horas haberá un conta contos.

A actividade se encadra en “Nigrán, mar de sabores”, un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio e que se estende máis alá das dúas xornadas lúdicas e culturais de setembro.

Anuncios