Fin de semana de teatro no Centro Cultural de Borreiros

A Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros ofrece un fin de semana de teatro coa representación de tres obras. O venres 17 de novembro ás 21:00 horas o Grupo de Teatro “Entre Lusco e Fusco” de Priegue presentará “Los pintores no tienen recuerdos”. O sábado 18 será a quenda da compañía “A Xesta Vermella” de Borreiros, coa obra “Pola culpa de Gayoso”, tamén a partir das 21:00 horas. O domingo 19 ás 19:00 horas, o Grupo de Teatro “S.C.D. Atlántida” de Matamá pechará o fin de semana dedicado ao teatro con “Os dous de sempre”.