Investigan unha vertedura ao río Zamáns ao seu paso por Vincios

A Policía Local de Gondomar e a Consellería de Medio Ambiente tratan de pescudar a orixe dunha vertedura rexistrada este mércores no río Zamáns ao seu paso pola parroquia de Vincios. Un veciño alertou de que a canle se atopaba totalmente branca e axentes municipais acudiron ao lugar, na zona de Pego Negro, para realizar un informe sobre o ocorrido.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, informou de que «activamos todos as alarmas para esclarecer o asunto, e niso estamos”, lamentando o “incivismo” do autor. Tanto Concello como Xunta tratan de determinar a orixe do foco e de identificar a substancia que foi arroxada ao río.

Anuncios