O Instituto de Estudos Miñoráns comeza un novo ciclo dos seus faladoiros, nesta ocasión dedicado á muller. Baixo o título “Presenza das mulleres”, amosa como fío condutor a importancia e participación desta na sociedade.
PROGRAMA
VENRES, 17 DE NOVEMBRO
Eugenia Trigo Aza. Escritora
“Da motricidade humana ao paradigma vida”
Presenta
Adela Mirás Calvo
IES Val Miñor de Nigrán
MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO
Adriana Nogueira Gassent. Oceanógrafa
“A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar”
Presenta
Xosé Ramón García
Xunta de Goberno do IEM
MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO
Chis Oliveira. Doutora en Filosofía
“Comando da igualdade, a mocidade implicada”
Presenta
Pilar Vázquez Fouce
Diplomada Universitaria en Enfermería e membro do IEM
MÉRCORES 13 DE DECEMBRO
Ana Ulla Miguel. Astrofísica
“A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan”
Presenta
María Lemos
Xunta de Goberno do IEM
As xornadas desenvolveranse na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar, nas datas indicadas e ás 20:00 horas.

