O Gondomar CF prepara a cea de Nadal

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Cea de Nadal do Gondomar CF.

O Gondomar C.F. organiza a tradicional cea de Nadal que se celebrará o sábado 18 de novembro ás 21:30 no Restaurante do Talaso Atlántico en Oia.

Sairá un autobús desde Gondomar (Praza do Concello) ás 21:15 con paradas na Ramallosa a continuación e en Baiona (enfronte da cafetería Monterrey, á entrada do Parador).

Para recoller as invitacións a un prezo de 30 € pódense dirixir a calquera membro da Directiva ou chamar aos números 696 635 831 ou 629 525 692.