Gondomar acolle este sábado as III Xornadas Ornitolóxicas

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // II Xornadas Ornitolóxicas.

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 11 de novembro desde as 10:00 ata as 14:00 horas as III Xornadas Ornitolóxicas, organizada pola Federación Ornitolóxica Rexional Galega, coa colaboración de ACAE-Galicia (Asociación de Criadores de Aves Exóticas de Galicia) e Aviornis Ibérica. A entrada é gratuíta.

O programa previsto é o seguinte:

10:00 H. Entrega de documentación
10:00 H. Presentación do Acto:
FRANCISCO FERREIRA – ALCALDE DE GONDOMAR
RICARDO SOBRINO VICENTE – Secretario de AVIORNIS IBÉRICA
10:15 H “Nutrición en Aves”
JAVIER MACÍAS RIVAS – Criador de Psitácidos
11:00 H. “Creación de aviario de forma sustensatble”
PEDRO NUNES – Veterinario especializado en aves.
11:45 H. “A actualidade da nosa afección. Normativa”
FRANCISCO JAVIER RODRÍGUEZ PENEDO – Secretario ACAE-GALICIA
12:15 H. “Control de cría en cautividade”
PATRICIA PÉREZ MARTÍNEZ – Directora Territorial adxunta do Soivre
LAURA TOURIÑO FERNÁNDEZ – Enxeñeiro Técnico do Soivre
Ministerio de Economía, Industria e Competitividade
Secretaría de Estado de Comercio
13:30 H Mesa redonda tertulianos
14:00 H Clausura das charlas
14:15 H. Comida de Confraternidade no Pazo da Escola de Mañufe

Anuncios