Anuncios
Ticker de novas

AMC Networks International Iberia lanza a campaña solidaria “Un minuto por Galicia”

O próximo día 11 de novembro ás 23:00 horas (11 do 11 ás 11 da noite), AMC Networks International Iberia lanzará a campaña solidaria “Un minuto por Galicia” para recadar fondos en axuda dos afectados pola vaga de incendios na que faleceron catro persoas e que calcinou máis de 35.000 hectáreas de bosque galego. A compañía doará 0,11 euros por cada espectador que conecte ás 23.00h cunha das 13 canles que participan nesta acción: AMC, Canal Hollywood, XTRM, DARK, Somos, Odisea, HISTORIA, A&E, Crimen + Investigación, Canal Cocina, Canal Decasa, Canal Panda e Sol Música.

Rostros famosos como Carlos Bardem, Antonio de la Torre, Malena Alterio, Fernando Ónega e Tristán Ulloa, entre outros; e presentadores dos programas de produción propia da compañía como os cociñeiros Julius e Sergio Fernández ou as expertas en lifestyle Laura Opazo, Chus Cano e Victoria Moradell, participaron nesta iniciativa a través duns vídeos nos que animarán aos espectadores para acender o televisor de maneira solidaria.

A doazón económica, realizarase a Cruz Vermella que está a traballar activamente en axuda dos afectados dos incendios en Galicia.

Anuncios