Acto informativo sobre o campo de golf de Baredo no Paseo Ribeira

FOTO: SOS GROBA // Visita guiada á zona afectada polo proxecto “As Costeiras”.

O domingo 12 de novembro en horario de mañá e tarde o Paseo Ribeira de Baiona (entrada ao Parador) acollerá un acto informativo sobre o Proxecto “As Costeiras”, que inclúe un campo de golf en Baredo, e do seu proceso de tramitación. Proxectarase unha reportaxe audiovisual sobre a visita guiada á zona afectada, haberá unha exposición fotográfica da zona e recolleranse firmas e alegacións en contra do Proxecto.