O Restaurante Alalá, a Tapería A Coura e o Coffe&Meal Nigrán gañan “Bocados 2017”

FOTO: OVALMI // Os gañadores da cuarta edición de Bocados.

As instalacións de Adegas ValMiñor acolleron na tarde de onte a entrega de premios do IV Concurso Gastronómico de Mini Cociña de Nigrán “Bocados 2017”, nun acto que contou coa presenza de representantes do Concello de Nigrán, da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e o xerente de Adegas ValMiñor, Carlos Davila, e con máis de cincuenta hostaleiros participantes no concurso.

Esta cuarta edición do certame obtivo unha extraordinaria aceptación, tanto por parte dos hostaleiros participantes como polos visitantes.

O Restaurante Alalá, de Panxón, resultou o gran vencedor do primeiro premio na modalidade de 1,50 €, co seu petisco “Mixto Gallego”, e a Tapería A Coura de Praia América coa súa tapa “Secreto Especial A Coura” e o Coffee&Meal Nigrán coa súa tapa “Winter is Coming”, conseguiron empatar na primeira posición na modalidade de 3 €.

Os votos escrutados dos participantes no IV Concurso de Mini Cociña deixaron como segundo e terceiro premio, respectivamente, ao Restaurante Eladio e ao Coffee&Meal Nigrán na modalidade de petisco a 1,50 € e ao Restaurante Alalá, como segundo clasificado e ao Restaurante Eladio e á Tapería A Madorra, empatados na terceira posición, nas tapas a 3 €.

Ovalmi, quere agradecer tanto aos hostaleiros como a Adegas ValMiñor, a colaboración no devandito evento, pois é fundamental o desenvolvemento destas iniciativas para fortalecer un dos maiores alicerces da nosa economía local.

Anuncios