Festa do Samaín no Centro Cultural de Vincios

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios celebra este fin de semana a Festa do Samaín no Centro Cultural da parroquia. O sábado 4 de novembro a partir das 23:00 horas será a festa para maiores, coa actuación de “Gossip Bufón”. O domingo 5 ás 16:30 horas comezará a festa para os nenos, coa actuación de “Popim Palomero-Show Máxico”. Ademais haberá un concurso de doces típicos do Samaín e farase entrega dos premios do concurso de cestas de outono e cabazas terroríficas, que permanecen expostas desde o día 29 de outubro.