“Ethan Frome”, novela na que se vai centrar o Sete Vidas de novembro

O xoves 2 de novembro temos unha nova cita co club de lectura Sete Vidas. Nesta ocasión falarase da novela “Ethan Frome”, da norteamericana Edith Wharton, unha historia de emocións desesperadas e prohibidas tensións sexuais é considerada unha das obras máis elegantes e intensas da narrativa breve norteamericana do século XIX, e a mellor das novelas curtas da autora.

A sesión comeza ás 20:00 horas na Casa da Lectura e a partir das nove da noite incorporarase ao debate a tradutora da novela, Celia Recarey. Celia Recarey é unha das responsables da editora Irmás Cartoné, nada no ano 2015, que se caracteriza por unha filosofía innovadora canto á selección de textos e unha singular concepción do mundo editorial.

Anuncios