Festa Infantil de Halloween e cea-concerto no Casino de Sabarís

O Casino de Sabarís organiza este martes 31 de outubro unha Festa Infantil de Halloween a partir das 17:00 horas. O evento incluirá a presentación do libro “Violeta quere ser vampiro” (Xerais), de Ramón D. Veiga e David Sierra.

Pola noite, terá lugar unha cea-concerto que comezará ás 22:00 horas coa actuación de Blue Monk a partir das 23:30. O prezo é de 18 euros para os socios e de 22 euros para os non socios.

Anuncios