Nigrán participa no programa “Tecendo Lazos” cun curso de “Reciclaxe creativo en familia”

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza o curso “Reciclaxe creativo en familia” no contexto do programa Tecendo Lazos. O curso está destinado á elaboración de obxectos relacionados co Nadal, con material de refugallo (a modo de exemplo elaboraranse tarxetas, separadores de libros, moedeiros, bandexas, paxaritas, caixas-niño…). O curso terá unha duración de 16 horas e desenvolverase dende o día 11 ata o día 20 de decembro, os luns, mércores e venres de 17.00 horas a 20.00 horas no Centro da 3ª Idade de Ramallosa.

Está destinado prioritariamente a persoas empadroadas en Nigrán e terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 10 anos.

O prazo de inscrición comeza o día 30 de outubro e remata o día 18 de novembro. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor e fotocopia de volante de empadroamento.

Para máis información na Oficina de Atención Cidadá ou no teléfono 986 365 000.