A obra “O Espantallo” pecha o ciclo “Mañufe levanta o telón”

Este domingo 29 de outubro finaliza a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Mañufe levanta o telón”, organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe. O grupo de Os Cabalos Rosas Brincan no Patín representará a obra “O Espantallo” ás 20:00 horas no Centro Cultural da parroquia.

Anuncios