Espectáculo infantil “La Patrulla, al abordaje” no Auditorio de Baiona

O Auditorio V Centenario de Baiona acolle este sábado 28 de outubro ás 17:30 horas o espectáculo infantil “La Patrulla, al abordaje”. As entradas anticipadas poden adquirirse a un prezo de 8 euros na Juguetería Don Dino (C/ Río Ecuador, 3). En despacho de billetes custarán 10 euros e venderanse desde unha hora antes do comezo da función. O aforamento é limitado.