Sin categoría

A compañía de Vigo “Lohengrín” continúa o sábado co Mes do Teatro de Nigrán

O Concello de Nigrán continúa este sábado co seu ciclo de teatro do mes de outubro coa compañía de teatro afeccionado de Vigo “Lohengrín”, que representará ás 19:30 horas no Auditorio Municipal “Bernarda”, unha adaptación da obra de Federico García Lorca “La Casa de Bernarda Alba”. A entrada é libre ata completar aforo. Ao longo deste mes, diferentes compañías de teatro afeccionado da comarca debutaron no Auditorio Municipal de Nigrán cada fin de semana no “Mes do Teatro”.