O Talaso Atlántico elixido mellor Centro de Talasoterapia de España, Andorra e Portugal

FOTO: TALASO ATLÁNTICO // Jesús Pérez Gil recollendo o galardón.

A Feira Internacional Piscina & Wellnes Barcelona 2017 celebrada do 17 ao 20 de outubro, no recinto de Gran Vía da Fira de Barcelona, acordou outorgar ao Hotel Talaso Atlántico o seu recoñecemento na categoría de Proxectos Premios Wellnes & Spa Experience 2017, categoría na que estaban presentes 57 competidores.

A Feira reuniu a 341 expositores de 25 países en máis de 14.000 metros cadrados de exposición.

O Talaso Atlántico, primeiro complexo de talasoterapia de Galicia, desde a súa inauguración en 2003 foi recoñecido en diversas ocasións, tanto en feiras de ámbito estatal como internacional. A calidade das súas instalacións e a obra de enxeñería realizada para a captación da auga de mar foron expostas en diferentes ámbitos profesionais sendo recoñecida como unha das mellores na súa especialidade, tal como recoñeceu esta Feira Internacional.

Recolleu o galardón Jesús Pérez Gil, Presidente do Consello de Administración de Talaso Atlántico.

Anuncios