Castro e Ladeira organiza unha excursión a Salamanca e Valladolid

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza unha excursión a Salamanca e Valladolid os próximos días 25 e 26 de novembro. A saída será ás 8:00 da mañá desde o Mercado de Sabarís.

Na primeira xornada, despois da comida, visitaranse en Salamanca con guía oficial a Praza Maior, a Praza Anaya, o Tenecio, Casa Lis, a Ponte Romana e a Praza das Cunchas. De regreso ao hotel, cea e aloxamento.

O día 26 tras o almorzo partirase cara a Valladolid, onde se visitará con guía oficial a Praza Maior, o Palacio Oriental, a Igrexa de San Pablo e a Universidade, con comida nun restaurante.

O prezo por persoa en habitación dobre e tripla é de 139 euros, con suplemento individual de 25 euros. Inclúe autobús, hotel de catro estrelas en Salamanca, pensión completa con xantar en restaurante o día de regreso, auga e viño, guía oficial en Salamanca e Valladolid, guía acompañante e seguro de viaxe.

Máis información e reservas no local da Asociación ou nos teléfonos 659 325 768 (Martín) ou 653 793 844 (Isabel).

Anuncios