Sin categoría

Agradecemento para os bombeiros do aeroporto de Vigo tras colaborar nos incendios do Val Miñor

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, acompañada da directora de Peinador, Ana Molés, visitou aos bombeiros destinados no aeroporto para agradecerlles a súa participación no operativo de extinción de incendios do domingo pasado.

Unha parte da dotación, composta por un total de 25 efectivos, puido abandonar a base de Peinador ao peche do aeroporto, mentres que outra parte, que non estaba de servizo, puido saír antes cos medios que non eran necesarios no aeroporto sen que iso afectase á operatividade do mesmo, e trasladarse, principalmente, á zona do Val Miñor onde colaboraron, activamente, na loita contra o lume.

Ana Ortiz quixo agradecerlles, persoalmente, o seu esforzo e a súa vontade por querer participar activamente no operativo.