A Garda Civil de Baiona recibe axuda humanitaria desde Cataluña para os afectados polos incendios

FOTO: GARDA CIVIL // Un axente entregando a ropa na ONG "Ayuda al Mundo Necesitado".

A Garda Civil recibe un paquete de roupa con destino ás persoas necesitadas que resultaron afectadas polos incendios forestais que arrasaron a provincia durante o pasado fin de semana.

O paquete recibiuse o pasado venres por servizo de mensaxería no Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán e envíao unha persoa residente en Tarragona. Contén un lote de roupa usada en aparente bo estado de uso e conservación.

O remitente, nunha nota manuscrita que acompaña ao envío, identifícase como unha persoa de orixe andaluza e residente na Comunidade Autónoma de Cataluña. Diríxese á Garda Civil de Baiona para canalizar a entrega dun lote de roupa e así poder facerlla chegar ás persoas que puidesen necesitalo por mor dos incendios sufridos na provincia a pasada semana.

A Garda Civil activou o protocolo establecido para este tipo de actuacións e, despois de agradecer á remitente o xesto solidario e a confianza depositada na institución para canalizar a axuda, entregou a roupa na ONG “Ayuda Al Mundo Necesitado” de Baiona.

2017-10-21 - Tarjeta