Chandebrito despide a Angelina e Maximina

Familiares, amigos e veciños despediron este xoves a Angelina Otero e Maximina Iglesias, de 78 e 86 anos respectivamente. Ás 17:30 horas, a comitiva fúnebre partiu do Tanatorio do Val Miñor, en Sabarís, para chegar ás 18:00 horas á Igrexa de Chandebrito, onde se celebrou o funeral e o posterior enterro no cemiterio contiguo.

As dúas mulleres perderon a vida o pasado domingo na parroquia nigranesa de Chandebrito cando trataban de escapar do incendio forestal que arrasou a zona nunha furgoneta conducida por outra muller que si conseguiu fuxir a pé. Os seus corpos calcinados apareceron no interior do vehículo, nunha pista entre Chandebrito e Camos.

CHANDEBRITO DESPIDE A ANGELINA E MAXIMINA