Localizado un artefacto pirotécnico en Salceda de Caselas

FOTO: GARDA CIVIL // O artefacto incendiario.

A Garda Civil investiga o achado dun potencial artefacto incendiario que foi localizado por un veciño no municipio de Salceda de Caselas.

O artefacto consta de seis globos de cor branca e unha bengala, das usadas habitualmente nas festas particulares que, unha vez iniciadas, desprenden luminiscencias de escasa capacidade calorífica.

Por mor dos incendios forestais dos últimos días, un veciño do municipio puxo en coñecemento da Garda Civil que o pasado domingo localizara o artefacto pousado sobre uns viñedos próximos á estrada EP-2505, no termo municipal de Salceda de Caselas.

Os servizos técnicos da Garda Civil atópanse investigando a potencial capacidade incendiaria que poida ter o artefacto e a súa posible relación cos últimos incendios forestais, a pesar de que o lugar do achado está moi afastado das zonas afectadas polo lume.

Anuncios