Sin categoría

Dúas persoas falecen no interior dunha furgoneta atrapada polo lume en Chandebrito

Dúas persoas faleceron no interior dunha furgoneta tras verse atrapados na tarde deste domingo polo lume nun incendio forestal que afecta á parroquia de Chandebrito, en Nigrán.

Ata o momento descoñécese a identidade de ambas as dúas persoas e sospéitase que quedaron atrapadas cando tentaban fuxir do incendio que arrasa a parroquia. O seu vehículo foi atopado totalmente calcinado na estrada que une Chandebrito e Vincios. Os equipos de emerxencia non se puideron achegar aínda ata o lugar no que se atopan os cadáveres.

Ata a zona tamén se desprazaron axentes da Policía Local e da Garda Civil.