Anuncios
Ticker de novas

A compañía de Mañufe “Xente daquí e dacolá” continúa o sábado o mes do teatro de Nigrán

O Concello de Nigrán continúa este sábado o seu ciclo de teatro do mes de outubro coa compañía de teatro afeccionado de Mañufe “Xente daquí e dacolá”, que representará ás 19:30 horas no Auditorio Municipal “Quen nos manda facer teatro?”. Ao longo deste mes, diferentes compañía de teatro afeccionado da comarca debutarán no Auditorio Municipal de Nigrán cada fin de semana e sempre con entrada de balde ata completar aforo. Así, o domingo 22 de outubro (19:30) Atrezzo de Vigo presenta “Chicago Killers”; o sábado 28 (19:30) Lohegrin representa “Bernarda” e, finalmente, o 29 de outubro (19:30 horas) “Científicos sobre ruedas” a través de Ciudad Ciencia.

Anuncios