Anuncios
Ticker de novas

Os sinais bilingües de Gondomar non duran nin 24 horas

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Un dos sinais da Pasaxe.

Os rótulos bilingües dos sinais de tráfico situados nos accesos ao Polígono da Pasaxe e na entrada do instituto Terra de Turonio amenceron este martes con pintura negra ocultando a palabra “excepto”.

As placas foron colocadas o luns en substitución doutras escritas integramente en castelán, utilizando palabras que se escriben da mesma maneira en ambos os dous idiomas, quedando a lenda das mesmas como segue: “excepto usuarios polígono” e “excepto vehículos autorizados”. As primeiras substituían así mesmo ás anteriores, en galego, denunciadas o pasado mes de marzo pola Garda Civil.

O alcalde, Paco Ferreira, subliña que “independentemente de que os sinais estean mellor ou peor, o problema non é ese, é que uns as queren en galego e outros en castelán, e puxéronse de maneira que vale para uns e para outros, pero aínda así, seguimos veña e dálle”.

Anuncios