A xunta directiva e o xerente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) reuníronse coa directiva da Peña Moteros Val Miñor para facerlles entrega da achega económica da asociación pola colaboración co Trial das Nacións 2017 celebrado en Baiona.
Por parte dos membros de ACEBA transmitíronse as felicitacións á Peña Moteros Val Miñor pola organización do evento. Durante a reunión destacouse a relevancia deste tipo de eventos que axudan a dinamizar e desestacionalizar a economía da vila, aproveitando tamén para planificar eventos de futuro moi próximo.

