A ADOS lembra a necesidade de doar sangue nas xornadas previas á ponte do 12 de outubro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar sangue nas xornadas previas á ponte festiva do vindeiro 12 de outubro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns do A Positivo, xa que, no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades de este grupo sanguíneo, o de maior prevalencia entre a poboación galega.

Os períodos vacacionais e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Neste sentido, lembrar que, todos os días do ano, precisamos entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir a axeitada de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais.

Desprazamentos

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ata o vindeiro 14 de outubro, máis de 30 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

Captura de pantalla completa 10102017 153329.bmp

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

Captura de pantalla completa 10102017 153408.bmp

Como colaborar

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón de páxinas nas principais redes sociais (Facebook e Twitter), unha páxina web: ados.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.