O Erizana organiza o seu I Rastrexo en Val de Martín

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Erizana CF.

O Erizana Club de Fútbol organiza o vindeiro sábado 14 de outubro o seu I Rastrexo en Val de Martín. As inscricións para participar xa están abertas cun prezo de 5 euros por persoa e poden realizarse a través do correo electrónico rastrexoerizana@yahoo.com. A idade mínima para participar é de 12 anos, e os equipos deberán estar formados por entre 6 e 12 membros. A cerimonia inaugural comezará ás 20:00 horas e o posto de saída será por orde de inscrición. Haberá duchas, cantina, 8 km, 12 probas e moita diversión.

Anuncios