Cinco condutores denunciados por conducir baixo os efectos do alcol en Nigrán

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN

A Policía Local de Nigrán, realizando controis de alcoholemia rutineiros durante o fin de semana pasado procedeu a denunciar a cinco condutores, tres de carácter administrativo e dous de carácter penal, por extralimitar as taxas permitidas de consumo de alcol para a condución, en diferentes horarios do fin de semana.

Os tres condutores, unha muller e dous homes, denunciados administrativamente, deron un resultado positivo entre 0,50 e 0,58 mg/l. Cabe destacar que un dos infractores, veciño dunha localidade próxima, ten unha idade de 92 anos, do cal tamén se realizará informe técnico a DXT por este motivo.

A condutora, que é novel, ademais da denuncia por alcoholemia, foi denunciada por non respectar un semáforo en fase vermella, ao tentar eludir o control policial establecido, polo que unha vez sancionada levaralle a retirada total de 10 puntos.

Os condutores con positivo penal, ambos os dous homes, deron un resultado de 0,72 mg/l. un deles e o outro condutor de 0,81 mg/l., motivo polo que se instruíron dilixencias penais por Delitos contra a Seguridade Viaria.