O GES de Val Miñor inicia un calendario de mobilizacións para denunciar a súa precariedade laboral

O persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor inicia a próxima semana un calendario de mobilizacións, que se prolongará durante o mes vindeiro, para denunciar a precariedade laboral e a falta dun convenio colectivo dende hai dez anos. As concentracións comezan este luns 2 e continuarán os días 5, 16 e 25 de outubro.

LUGARES E HORARIOS DAS PROTESTAS:
• 2 de outubro ás 10:30 horas: no mercado (Avenida Julián Valverde, Sabarís- Baiona).
• 5 de outubro ás 11:30 horas: no edificio do Concello de Baiona (rúa Lorenzo de la Carrera s/n).
• 5 de outubro ás 19:30 horas: no edificio do Concello de Gondomar (Praza Doutor Latino Salgueiros, 1).
• 16 de outubro ás 10:30 horas: no mercado (Avenida Julián Valverde, Sabarís- Baiona).
• 25 de outubro ás 19:30 horas: no edificio do Concello de Nigrán (Praza da Constitución s/n).

Anuncios