O Auditorio de Nigrán acolle a primeira xornada de “Gondomar en Contacto”

Este fin de semana terá lugar a primeira xornada da 3ª edición do “Gondomar en Contacto”, organizado por Os Movementes e a Asociación de Danza de Gondomar. Trátase dun evento con actividades gratuítas de danza, natureza e aventura pola zona do Val Miñor que terá lugar os días 31 de setembro e 1 de outubro e o 7 e 8 de outubro.

O sábado 30 de setembro ás 11:00 da mañá haberá unha andaina titulada “Camiñando a redor da auga”, con saída desde o Auditorio Municipal de Nigrán, e o domingo 1 de outubro un paseo a cabalo, ás 17:00 horas, en Mougás, cun prezo de 18 euros.

Ademais, cada día realizaranse dúas sesións de Danza en Familia no Auditorio Municipal de Nigrán, unha de 45 minutos con pequenos de ata 3 anos e outra de 1 hora con pequenos a partir de 3 anos. Haberá un máximo de participantes por sesión de 20 persoas, aproximadamente 10 pequenos e 10 adultos.

Máis información e inscricións no correo electrónico osmovementes@gmail.com ou no teléfono 671 695 980.