Peitieiros celebra as festas de San Miguel

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Miguel en Peitieiros.

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra este fin de semana as festas na honra de San Miguel. O venres 29 de setembro ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne con sermón seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Redondela, que ofrecerá a continuación un concerto. Ás 17:00 horas comezarán as tradicionais “poxas” de San Miguel. Pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Olympus e Função Pública. O sábado 30, último día da verbena das festas na honra de San Miguel coa actuación das orquestras Abanico e Atenas.