Unha delegación chinesa interésase polas tecnoloxías satelitais desenvolvidas no CINAE de Porto do Molle

Unha delegación da cidade-prefectura chinesa de Zhoushan mantivo esta mañá un encontro no Consorcio da Zona Franca para coñecer tanto das empresas, equipos e fundacións que na comarca de Vigo realizan tecnoloxías espaciais e vixilancia do mar como as actividades de promoción económica que leva a cabo o Consorcio e posteriormente estableceu contactos coa Fundación Cinae para estudar as posibilidades de colaboración no campo das tecnoloxías espaciais aplicadas á vixilancia do mar.

A delegación desta cidade, que ten a particularidade de ser a única cidade situada sobre a base dun grupo de illas e que é un dos lugares de pesca máis grande do mundo, mostroulle a Teresa Pedrosa un especial interese en coñecer en detalle as áreas de traballo que o Consorcio leva a cabo como axencia de desenvolvemento local. No transcurso da reunión analizouse o sistema desenvolvido por Zona Franca que combina o papel de provedor de infraestruturas para a empresa co traballo a favor do desenvolvemento da investigación en sectores punteiros mediante acordos coa Universidade e outros actores tanto públicos como privados.

Con posterioridade á reunión, a delegación chinesa desprazouse a Porto do Molle para estudar no CINAE as posibilidades de realizar encargos no campo da vixilancia satelital. A xornada completouse pola tarde cunha visita á empresa de solucións de comunicación por satélite, Syntelix, radicada no Parque Tecnolóxico.

Anuncios