A Asociación Chandebrito 1807 promove unha actividade de artesanía en vimbio para confeccionar nasas para o polbo. Será o sábado 14 e o domingo 15 de outubro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 e de tarde de 17:00 a 20:00 horas na Escola Infantil de Chandebrito (Rúa da Igrexa, 2).
Tecida en vimbio, coa destreza das mans, este enxeño foi revolucionario nos tempos en que apareceu. Unha das primeiras trampas para capturar distintas especies do mar, polbo, choco, lagosta, anguía…
A diferenza das actuais nasas de ferro e plástico que ocasionan un grave problema nos fondos mariños, estas antigas nasas respectaron e coidaron das nosas rías e dos peixes que nelas habitaban.
Vimbios, arames, cortiza e corda serán as principais materias primas que se empregarán na creación dunha destas fermosas nasas.
As inscricións poden realizarse ata o 8 de outubro indicando o nome e apelidos, lugar de residencia, número de teléfono de contacto e correo electrónico no teléfono 667 380 223 ou a través do correo chandebrito1807@gmail.com.

