A Coral de Belesar conmemora o seu 25 aniversario cunha misa e un concerto

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar.

A Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar celebra este sábado 23 de setembro o seu 25 aniversario. Será na Igrexa Parroquial de Belesar, onde ás 19:30 horas comezará unha Misa Cantada, e ao finalizar, ás 20:15, ofrecerá un concerto.