Un peón resultou ferido en Nigrán tras ser atropelado por unha bicicleta. Aconteceu na rúa Rosalía de Castro. Foi unha persoa particular a que chamou ao 112 Galicia ás 10:30 horas desta mañá para dar conta da situación. Dende o CIAE do 112 alertouse ao 061, ao GES do Val Miñor, a Protección Civil e á Policía Local.
Unha persoa ferida tras ser atropelada por unha bicicleta en Nigrán

