A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, celebrará o 28 de setembro no Auditorio Municipal de Nigrán un novo Encontro de Negocios. Está destinado a profesionais e empresarios que queiran aumentar os seus coñecementos e a súa rede de contactos, necesarios para xerar oportunidades de negocio.
A partir das 19:30 darase comezo coa recepción e acreditación dos asistentes. A presentación do evento polo presidente de OVALMI, Jose Luis Froiz, está prevista para as 20:00 horas.
Na primeira parte da reunión, Tamarino. Web & Márketing impartirá a masterclass “10 motivos polos que estar na internet e 3 polos que non”, na que se poderán aprender claves para lograr unha empresa máis competitiva no actual mundo dixital.
A segunda parte da reunión irá destinada a que os asistentes dean a coñecer o seu negocio e os seus produtos ou servizos e coñecer o que outras empresas e profesionais pódenlles ofrecer, xerando oportunidades comerciais con potenciais clientes, provedores ou colaboradores.
O aperitivo final servirá para que os asistentes interaccionen, poidan coñecerse persoalmente, estreitar lazos, falar de negocios e de experiencias empresariais.
Para máis información e inscricións antes do día 28 en asociacion@ovalmi.com ou no 986.36.67.30.

