Garda Civil e Policías Locais da provincia coordinan as medidas de reforzo antiterrorista

FOTO: GARDA CIVIL

O tenente coronel xefe interino da Comandancia de Pontevedra, Manuel Touceda, presidiu este martes a reunión que mantivo a Garda Civil cunha representación das Policías Locais desta provincia para darlles traslado das medidas de reforzo acordadas a nivel nacional no actual nivel de alerta 4, con motivo dos atentados de Barcelona e, ao mesmo tempo, establecer un protocolo de actuación coordinada.

No transcurso desta reunión, na que participaron unha trintena de axentes de varios municipios da provincia, os policías locais asistiron a unha charla de información específica como parte das medidas postas en marcha no marco da loita contra o terrorismo yihadista. Finalizaron a xornada con outra charla a cargo do responsable do Equipo de Desactivación de Explosivos da Comandancia, sobre as actuacións preventivas e medidas de seguridade que se deben adoptar en caso de atentado ou ameaza con artefactos explosivos.

Anuncios