Tras correr 24 horas por Praia América e outras 24 por Castrelos, o mozo gondomareño Daniel Fernández Cerzón afrontará este venres o terceiro e último reto da súa iniciativa “Reta 3 Móvete polo alzhéimer”, coincidindo cos actos do día desta enfermidade (21 de setembro).
Trátase dunha ruta circular unindo varios dos municipios onde AFAGA ten unha sede. En total 180 km e 1.400 metros positivos de aventura, diversión, concienciación e solidariedade.
A saída será o venres 22 ás 9:30 da mañá desde o Centro de Día AGAFA na Avda. Beiramar 51, Vigo, fronte ao porto. A continuación pasará por Redondela (10:20), Mos (11:10), Porriño (11:20), Ponteareas (11:55), Salceda (12:35), Tui (13:10), A Guarda (15:15) Baiona (16:30) e Nigrán (17:05), para terminar de novo en AFAGA ás 18:05. O tempo aproximado será de 9 horas.
Unha vez en Vigo visitará aos usuarios do centro, “xa que eles son os verdadeiros protagonistas desta aventura e a miña principal motivación”, lembra Daniel. Todo aquel que queira pode acompañarlle nalgún tramo do percorrido ou na súa totalidade.
Todo o que se recade nesta campaña irá destinado á realización de obradoiros e terapias con enfermos e familiares que serán impartidos por AFAGA. O número de conta para realizar calquera achega, por moi pequena que sexa, é IBAN: ES56 2100 4080 1122 0012 1884.

