A Asociación Cultural As Angustias organiza unha excursión a Meis

FOTO: TURISMO DE GALICIA // Mosteiro de Armenteira.

A Asociación Cultural As Angustias de Nigrán organiza unha excursión a Meis o vindeiro sábado 14 de outubro dentro do programa “En ruta coa Depo” da Deputación de Pontevedra. A saída será ás 9:00 da mañá desde o local das Angustias para visitar o Mosteiro de Armenteira, a Ruta da Pedra e da Auga, os Muíños do Batán, o Monte do Castro e o Pazo de Señoráns. Ás 19:00 horas estarán de volta. O prezo para participar é de 12 euros (8 euros para os menores de 12 anos) con xantar incluído. Máis información e inscricións chamando ao teléfono 655 055 355.