Anuncios
Ticker de novas

O Centro Sociocomunitario de Baiona ofrece unha vintena de actividades

O Centro Sociocomunitario de Baiona inicia o próximo mes de outubro as actividades previstas para o curso 2017-2018.

Ofértanse cursos de inglés lúdico para nenos, clases de inglés para menores, arte floral, ximnasia de mantemento, pilates, idioma chinés, idioma xaponés, bailes de salón e zumba. Ademais, hai reunións de usuarios para realizar algunhas actividades como poden ser pintura para nenos, pintura para adultos, calceta, ximnasia hipopresiva, ioga, ganchillo, corte e confección, patchwork ou encaixe de palillos.

Tamén hai en preparación actividades de capoeira, cociña (especial masas) e estampaxe en teas.

Máis información e inscricións nos teléfonos 886 110 123 ou 886 110 124 ou no correo electrónico c.b.s.baiona@xunta.gal.

CURSOS 2017-2018
* INGLÉS LÚDICO PARA NENOS.- Venres de 16,00 a 18,00 horas.
* CLASES DE INGLÉS PARA MENORES.- Martes e Xoves de 16,00 a 20,00 horas, Mércores de 17,00 a 18,00 horas e Venres de 18,15 a 19,15 horas (grupos segundo idades).
* ARTE FLORAL.- Mércores de 16,30 a 19,00 horas.
* XIMNASIA MANTEMENTO.- Luns, Mércores e Venres de 09,15 a 10,15 e 10,30 a 11,30 horas (2 grupos)
* PILATES.- Luns 16,00 a 18,00 horas, Luns e Xoves de 18,15 a 19,15 e de 19,30 a 20,30 horas (3 grupos),
* IDIOMA CHINÉS.- Venres tarde (horario a concretar),
* IDIOMA XAPONÉS.- Venres tarde (horario a concretar),
* BAILES DE SALÓN.- Venres de 19,00 a 20,00 horas.
* ZUMBA.- Venres de 20,00 a 21,00 horas.

REUNIÓNS DE USUARIOS
* PINTURA PARA NENOS.- Luns 16,30 a 17,30 e 18,00 a 19,00 horas (2 grupos)
* PINTURA PARA ADULTOS.- Martes 10,30 a 12,30 horas.
* CALCETA.- Luns/Mércores e Martes/Xoves de 15,00 a 19,00 horas (2 grupos).
*XIMNASIA HIPOPRESIVA.- Martes 09,30/10,30 e 19,00/21,00 horas (3 grupos).
* IOGA.- Martes e Xoves 09,15/10,15 e 17,00/18,00 horas (2 grupos).
* GANCHILLO.- Xoves 10,30/13,00 e Venres 17,00/19,30 horas (2 grupos).
* CORTE E CONFECCIÓN.- Luns e Mércores de 16,30 a 19,00 horas.
* PATCHWORK.- Luns 10,30/13,00 horas e Xoves 18,00/20,00 horas (2 grupos),
* ENCAIXE DE PALILLOS.- Martes de 16,00 a 18,00 horas.

Anuncios