Anuncios
Ticker de novas

Encontr-Arte, I Mostra e Divulgación de Oficios Tradicionais en Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación Cultural VaiMillor, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra a través de Pontegal, ofrece este sábado na Praza do Concello Encontr-Arte, a I Mostra e Divulgación de Oficios Tradicionais. Así, haberá obradoiros e manualidades relacionados coa cantería, pintura, cestería, calceta, madeira e cerámica. Ás 17:00 horas está programado un contacontos, ás 18:00 horas unha charla de cestería, de 18:00 a 20:00 horas haberá xogos populares e durante todo o día non faltarán os obradoiros infantís.

Anuncios