Sin categoría

Curso de creación de marionetas de gomaespuma en Nigrán

A Asociación Cultural VaiMillor, coa colaboración do Concello de Nigrán, organiza un curso de creación de marionetas de gomaespuma, no que os asistentes crearán a súa propia marioneta de medio corpo e faranse cos moldes e coñecementos para seguir creando logo máis marionetas en casa. O curso desenvolverase o sábado 23 de setembro de 9:30 a 14:00 horas na Asociación Cultural As Angustias (Rúa dos Pazos, 6). O prezo do curso é de 35 euros con todos os materiais incluídos. Máis información e inscricións no correo vaimillorcultura@gmail.com ou a través do WhatsApp 630 410 076. As prazas son limitadas.