Catro finalistas optan ao Premio de poesía Victoriano Taibo na súa X edición

O xurado da X edición do certame poético Victoriano Taibo que convoca o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, reunido o 11 de setembro, de entre as 49 obras presentadas elixiu como obras finalistas, as que ostentaban os seguintes títulos por orde alfabética: “As cinzas de Pasolini”,” Erosións”, “Laxa negra” e “Saint Pièrre et Michelon”.

O veredicto definitivo darase a coñecer nos próximos días, momento en que se fará público o gañador ou gañadora desta décima edición. A entrega do premio será o día 18 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Anuncios