Baiona despide o verán coa súa 1ª Travesía de Stand Up Paddle

Para despedir o verán, Waira, Wetsports e o Concello de Baiona organizan este sábado 9 de setembro a 1ª Travesía de Stand Up Paddle Concello de Baiona. A proba está aberta a todo tipo de público e a organización contará con táboas para alugar para os que non teñan material propio. Ao finalizar, Wetsports organizará unha festa con concerto e petiscos para todos os competidores.

As inscricións, cun prezo de 10 euros (inclúe camiseta e petisco) poden realizarse a través do correo electrónico waira@waira.net. O aluguer de táboa e remo terá un custo de 5 euros (unidades limitadas).

As categorías participantes na Travesía, que terá un percorrido de 5 km con saída e chegada na Ladeira, serán Feminino Open (ránking só para táboas ata 12’6»), Masculino Open (ránking só para táboas ata 12’6») e Sub16 (masculino e feminino, ránking só para táboas ata 12’6»).

Horario:
-16:00-17:30 Confirmación inscricións
-18:00 Reunión de competidores
-18:30 Saída
-21:00 Entrega de premios
-21:30 petiscos en Wetsports Ladeira

Anuncios