Sin categoría

A xuízo tres homes acusados de golpear a outro no peirao deportivo de Baiona

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo acollerá o vindeiro mércores día 13 ás 10:00 horas o xuízo contra tres homes acusados de dar puñadas e patadas a outro no peirao de Baiona. A fiscal pide tres anos de prisión e inhabilitación especial polo tempo da condena para cada un deles.

Os acusados, A.M.A., M.B.R. e M.B.R., todos eles maiores de idade e sen antecedentes penais, sobre as 20:00 horas do 3 de outubro de 2010, cando se atopaban no peirao de embarcacións deportivas de Baiona, viron a F.P.C., o cal se atopaba axudando a un amigo a achicar a auga da súa embarcación e como queira que A.M. tiña problemas con el, achegáronse a el e actuando de común acordo e coa intención de causar un menoscabo na súa integridade física comezaron a agredirlle con puñadas e patadas, causándolle lesións consistentes en traumatismo en beizo superior, hematomas palpebrais bilaterais, hemorraxia nasal, fractura de tabique nasal, traumatismo en perna, sinupatía maxilar dereita, mobilidade de pezas 11, 21, 22 e fractura de 12, 32, e 24.

Para a súa sanidade precisou de tratamento médico e cirúrxico consistente en redución de fractura nasal e taponamento, prescrición de fármaco sterimar 4-5 veces ao día, repouso relativo con cabeceira levantada, seguimento por cirurxía plástica os días 26-10-2010 e 23-11-2010, implantación de perno e coroa en peza 12 e reconstrución en pezas 32 e 24. Investiu na súa sanidade 52 días dos que 45 foron impeditivos.

Restáronlle as seguintes secuelas: deformidade (asimetría nasal con prexuízo estético), e rotura de bordo incisal de pezas 32 e 24 pendentes de reconstrución odontolóxica, rotura de prótese peza 12.

A Fiscal tamén solicita unha indemnización de 2.414,7 euros polos días impeditivos, 202,16 euros polos días non impeditivos e 4.000 euros polas secuelas estéticas.