O I Festival Solidario “Bai por Vós” reúne máis de 380 kg de alimentos

FOTO

O I Festival Solidario “Bai por Vós” resultou un éxito e logrou reunir uns 386 quilos de alimentos non perecedoiros. O concerto, que se celebrou o pasado xoves nos xardíns da Casa-Museo da Navegación de Baiona, contou coas actuacións dos grupos La Patrulla, The Velly Kelly’s, Los Vagos de Lalín e David Seoane (Banda de Mazinger). A comida será repartida agora entre as familias máis necesitadas a través da ONG fundada en Baiona “Ayuda al mundo necesitado”.

Anuncios