Sin categoría

Avelaíña organiza 3 rutas medioambientais

A Asociación Avelaíña comeza o seu programa educativo mediambiental “Naturalmente” 2017-2018 coa organización de tres rutas. As primeiras serán o 12 e 19 de setembro, pola Rede Natura 2000 e polo Río Baíña respectivamente. A terceira e última será unha ruta biosaludable en bicicleta o 3 de outubro. O punto de encontro en todos os casos é a sede de Avelaíña Val Miñor, na rúa Alférez Barreiro, 22, Baiona, ás 16:00 horas. Calquera persoa interesada pode inscribirse de maneira gratuíta chamando ao teléfono 986 389 233.